Noelia Rodríguez toma posesión coma alcaldesa de Ribadavia nunha moción de censura xunto a Ribeiro en Común

O PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común presentaron o pasado 8 de febreiro por rexistro unha moción de censura contra o alcalde, César Manuel Fernández Gil. Hoxe celebrouse o pleno extraordinario no que se aprobou este novo goberno. A concelleira socialista, Noelia Rodríguez asumiu a alcaldía, sendo a tenente de alcalde, Paula Rodríguez, de RenC. Deste xeito ambas formacións apostan por un goberno de “cambio, progreso e feminista” e remarcan que se tratará do “primeiro goberno municipal da historia de Ribadavia que estea encabezado por mulleres”.  A nova alcaldes anunciou as principais liñas do goberno e asegurou que traballará incansablemente por Ribadavia.

O debate desta moción iniciouno o alcalde saínte, César Fernández Gil, que amosou o seu agradecemento ó seu equipo e á cidadanía. Recordou os proxectos que se puideron poñer en marcha durante os 20 meses de goberno, recordando que 12 deles estiveron marcados pola pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O BNG abstívose nesta moción. A súa voceira destacou que Ribadavia necesita un goberno plural, estable e con maioría para transformar a vila dende o primeiro.

Piden políticas alternativas ás que o PP promove, mudando a xestión dos servizos públicos: con outro modelo de recollida de residuos ou consolidar un servizo de augas que leva 5 anos prorrogado.

Durante a celebración deste acto, ás portas do concello reuníanse varias decenas de veciños que amosaron o seu apoio ó ex rexedor, César Fernández.