O Carballiño promove a celebración do Día de Rosalía de xeito virtual

A Área de Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, da que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez, promove a celebración do Día de Rosalía  a través da rede. Así mesmo, igual que outros moitos concellos galegos,  convida a toda a cidadanía a agasallar neste día un libro e un flor do comercio local.

Debido á situación sanitaria actual, dende a concellaría propúxoselle aos centros educativos que gravaran un vídeo curto cantando, movéndose libremente lendo con ritmo un poema ou facer unha propia versión dun poema ou texto de Rosalía.

AVANTAR ACTIVIDADES