Vicepresidencia primeira e Emigración analizan a colaboración da colectividade galega de Arxentina e Uruguai no Ano Santo Xacobeo

18,30 h.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, reunirase co delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro Pérez Dobarro. No Gabinete da Vicepresidencia Primeira. foto xoán crespo 22/02/2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, trasldáronlle ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o interese da colectividade galega destes dous países na promoción e participación nos diferentes actos e programas do Ano Santo Xacobeo.

Os responsables autonómicos destacaron os proxectos que xa están a deseñar varias entidades galegas de Arxentina e Uruguai, así como a decisión de adiar para 2022 o Día da Galicia Exterior, de cara a garantir a seguridade sanitaria de tódolos asistentes e poder contar co maior número de participantes de tódolos continentes posibles.

AVANTAR ACTIVIDADES