Convocatoria para cubrir a praza, mediante sistema de concurso-oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a no Concello de Amoeiro

Publicase no BOP a convocatoria para cubrir a praza, mediante sistema de concurso-oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a no Concello de Amoeiro

Logo de aprobar, por Resolución da Alcaldía con data 20.02.2021, as bases e a convocatoria para cubrir a praza, mediante sistema de concurso-oposición, dun/dunha auxiliar administrativo/a, como persoal funcionario interino a xornada completa para substituír á funcionaria que ocupa este posto, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP

AVANTAR ACTIVIDADES

As bases reguladoras que rexerán a convocatoria están publicadas na sede electrónica do Concello de Amoeiro e no taboleiro de anuncios.

https://amoeiro.sedelectronica.es/info.0

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na devandita sede electrónica e, no seu caso, no taboleiro de anuncios.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contenciosoadministrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.