Docentes e maiores de 80 anos seguen co proceso de vacinación durante toda a semana

Publicidade ASPADISI

Esta semana comezou a campaña de vacinación para as persoas maiores de 80 anos que non viven en residencias na provincia de Ourense. No Carballiño, durante a tarde de hoxe, foron convocadas 105 persoas e en Ribadavia, durante a tarde, outras 105. Todas elas recibiron a vacina de Pfizer. Onte vacináronse 1.033 maiores máis.

Esta semana tamén deu comezo a vacinación fronte a Covid19 do persoal docente dos centros educativos públicos da provincia. Onte pasaron por este proceso 337 profesores.

HIPER MASIDE

En total está programada a vacinación esta semana de 3.339 docentes. A inmunización do persoal de ata 55 anos realizarase coa vacina de Astra Zeneca, e coa de Pfizer á do resto, 685 persoas. Hoxe foron convocadas  360 persoas deste colectivo.