Mañá entra en vigor o alivio de restricións. Salvo Beade e Punxín, as dúas comarcas pasan a nivel tres

O pasado luns, Sanidade establecía tres niveis de desescalada das medidas restritivas. As medidas entrarán en vigor o mañá día 26. O comité clínico reunirase de novo cada martes e os mércores algúns municipios terán medidas máis relaxadas ou máis duras en función da súa situación.

O nivel tres, será o que se aplique en 189 concellos galegos, entre eles a maioría da provincia de Ourense. Na comarca do Carballiño, o único que supera os 500 casos por 100.000 habitantes é o concello de Punxín, e no Ribeiro, Beade. Estes concellos serán os que manteñan as medidas actuais con algún pequeno alivio, como a apertura de bares so cun 50% de aforo en terrazas. As medidas que se aplicarán aquí son de nivel 2, polo que aínda se manterán algunhas das restricións que na súa contorna serán aliviadas. Existe controversia coa división destes niveis xa que un concello podería cambiar de incidencia dun día a outro. As medidas que se aplicarán para os demais concellos da contorna serán as que máis se vexan aliviadas.

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Abre a hostalaría cunha limitación interior do 30% e dun 50% no exterior. O seu horario será ata as 18:00 horas.
  • Os non conviventes poderán reunirse ata en grupos de 4 persoas.
  • Mobilidade permitida entre concellos que están no mesmo nivel de restricións.
  • Abren as instalacións deportivas, ximnasios e piscinas, cun máximo de 4 persoas non conviventes por grupo e con uso obrigatorio de máscara.