Ribadavia descende ata os seis casos activos, presentando o máximo da comarca

Ribadavia presenta hoxe 6 casos activos, dous menos ca onte. A situación da capital da comarca é positiva, aínda que representa a cifra máis alta destes concellos. Avión segue na lista con máis casos, rexistrando 4 casos activos dende a pasada semana. O número de afectados no concello de Leiro está hoxe en 3, os mesmos ca onte. Cortegada ten dous casos activos. Cenlle, Melón e Beade contan cun caso activo cada un. Arnoia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño están libres de coronavirus.