O luns remata o prazo de solicitude de ocupación estacional de terrazas

Publicidade ASPADISI

A área de Servicios Públicos do Concello do Carballiño, recorda que o día 1 de marzo finaliza o prazo para a solicitude de ocupación estacional das terrazas da hostalaría, que comprende dende o día 27 de marzo ata o 31 de outubro. Ademais, está habilitado o número de teléfono 662 19 86 82 para atender as posibles dúbidas que teñan os solicitantes.

Tamén destacan que este ano se invertiu a demanda do tempo de ocupación, pasando a ser máis demandada a anual  que a estacional, debido á nova realidade  derivada da pandemia.

HIPER MASIDE