Declaración do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense sobre o incidente acaecido na Xunta de Portavoces de onte

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense  quere pedir desculpas públicamente polo enfrontamento verbal mantido, no transcurso da reunión de onte, entre o portavoz nacionalista Luis Seara e o alcalde Gonzalo P. Jácome.

A situación de continua tensión e crispación á que o actual alcalde ten sumido ao concello fai que en ocasións sexa complicado manter as formas e a educación, situación que en todo caso non xustifica nin as saídas de ton nin os excesos que se poidan cometer.

AVANTAR ACTIVIDADES

O BNG reitera as desculpas públicas e fainas extensíbeis ao conxunto das veciñas e veciños, ao tempo que manifesta que seguirán traballando arreo, tal e como veñen facendo ate o de agora, a prol dos intereses de Ourense.