Galicia apróximase ós 5.000 contaxios totais, cunha fin de semana de descenso destacable

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 101 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 5.207. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 105 (-12) persoas na UCI, e 431 (-16) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras baixouse dos 300 casos totais. Contamos con 7 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 31 casos, ata os 291 casos totais. Os hospitais estabilizan as súas cifras, contando con 36 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-2) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES