O Ribeiro estabiliza as cifras, con todos os concellos por baixo dos cinco casos activos

Ribadavia presenta hoxe 3 casos activos, a mesma cifra ca nesta fin de semana, onde baixaba dos 5 casos activos. Leiro presenta hoxe esta mesma cifra, tres contaxiados, tras subir un caso nesta fin de semana. Cortegada e Avión presentan dous casos cada un deles, manténdose estables. Arnoia, Beade e Cenlle contan cun caso activo cada unha delas. Melón, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño mantéñense libres de coronavirus.