Galicia rexistra a cifra máis baixa de novos contaxios, con 70 positivos nas últimas 24 horas

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 70 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 4.953. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 105 (=) persoas na UCI, e 383 (-48) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras baixouse dos 300 casos totais. Contamos con 7 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 11 casos, ata os 280 casos totais. Os hospitais estabilizan as súas cifras, contando con 35 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES