O Carballiño sitúase nos 8 casos activos de covid-19. Boborás, pola contra, sobe ata os 7 contaxios

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 17, unha cifra que se reduciu hoxe polo descenso de varios concellos.

No Carballiño, hoxe os datos baixan ata os 8 contaxios, tres casos menos ca conte. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello que lle segue con máis casos. Hoxe sobe os casos nun contaxio, para ter un total de 7. O Irixo mantén un caso activo, e San Cristovo de Cea baixa un caso para ter tamén un so contaxio activo. Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

Estes datos e a evolución dos concellos marcan o ritmo da desescalada. Ata esta semana, Punxín era o único concello da comarca no nivel 2, pola incidencia acumulada que tiña. Agora, ó non ter casos activos, é previsible que pase xa ó nivel 3, aliviando as medidas. Pola contra, o aumento de casos en Boborás, que estaba en nivel 3, fai previsible que o faga retroceder ó nivel 2, con menos liberdade nas medidas.