O Psdeg-Psoe denuncia o abandono da aula da natureza de Oira

O Psdeg-Psoe denuncia o abandono da aula da natureza de Oira e reclama o compromiso do concello para a súa posta en valor como espazo referente de educación ambiental

Os socialistas consideran “imprescindible” que desde o Concello se dote a aula de persoal, posto que a día de hoxe é un só funcionario municipal o que se encarga tanto das actividades como do recinto

AVANTAR ACTIVIDADES

Alertan do deterioro externo e interno das instalacións e demandan unha “maior consignación orzamentaria” para a súa mellora, así como para a “ampliación das actividades” de cara ao curso 2021/2022

O PSdeG-PSOE denuncia o abandono que sofre a Aula da Natureza do río Miño e reclama un compromiso claro por parte do Concello para a súa posta en valor como espazo referente de educación ambiental na cidade de Ourense. Despois dunha visita ás instalacións de Oira, os socialistas alertan de que a infraestrutura amosa un visible estado de deterioro tanto no exterior como no interior e que carece do persoal necesario para o seu funcionamento.

Así, desde o grupo municipal socialista consideran “imprescindible” que desde o Concello se dote a aula de persoal, posto que a día de hoxe é un só funcionario municipal o que se encarga tanto das actividades como do coidado do recinto. “Unha única persoa faise cargo da preparación, coordinación, presentación e execución das actividades e da apertura do recinto municipal de 10 a 13 horas, e de 16 a 19 horas, todos os días da semana agás as tardes dos mércores e as fins de semana”, informan os socialistas, que consideran tales recursos “claramente insuficientes”. 

Ademais, subliñan que, transcorridos 17 anos desde a inauguración deste equipamento con forma de barco varado, a infraestrutura amosa un visible deterioro e precisa de melloras considerables no interior. “Tamén hai que acondicionar e preparar axeitadamente o terreo lindeiro que se dedica ao horto”, puntualizan, polo que reclaman que o reforzo de persoal para a aula vaia acompañado dunha “maior consignación orzamentaria” para acometer estas melloras, así como da “ampliación do seu programa de actividades de cara ao curso académico 2021/2022”.

“Cómpre lembrar o gran éxito e acollida do proxecto, así como o labor social que desempeña, posto que non só ofrece formación en valores de respecto ao medio ambiente, senón que representa un pilar fundamental para o fomento da conciliación laboral e familiar de moitos pais e nais da nosa cidade en períodos non lectivos”, detallan desde o grupo municipal socialista.

Os socialistas lembran que o proxecto da Aula da Natureza do Río Miño se puxo en marcha dentro do proxecto municipal do ano 1996 de recuperación das marxes do río Miño ao seu paso por Ourense, e destacan que desde a súa apertura, no ano 2004, se converteu nun centro de interpretación de referencia que promoveu a educación e a formación ambiental, así como o respecto e conservación do medio natur