A Insua dos Poetas transforma o seu escenario nunha homenaxe á xeración Nós

Esta semana culminan as obras do Anfiteatro NóS da Insua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño). O auditorio ao aire libre convertido en asentos de pedra no pasado ano agora conta cun reforzo de madeira. Este espazo ten capacidade para 550 persoas sentadas, gardando o distanciamento de 1,50 mts entre cada espectador. A Insua dos Poetas coloca cada ano unha escultura en homenaxe a diferentes persoeiros. Neste caso a homenaxe está dedicada á xeración Nós e consiste na transformación do seu escenario.

AVANTAR ACTIVIDADES