Boborás duplica os contaxios nunha xornada, situándose en 14 casos activos

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 23, unha cifra que ascende a causa da situación que presenta hoxe Boborás .

No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 8 contaxios, os mesmos ca conte. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello no que hai que poñer hoxe o foco preocupante. En apenas unha xornada, como demostran as medidas tomadas polo comité clínico, pasou de 7 contaxios a 14, duplicando a cifra. Esta situación sorprendeu os expertos, que deciden actuar por precaución. Maside mantén hoxe un caso activo. Os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus. Todos eles xa o estaban onte, agás Cea, que contaba cun positivo e que quedou hoxe co contador a cero.