Compromiso por Galicia rexistrou unha Moción para votar no vindeiro Pleno municipal solicitando a creación dun centro start up no edificio nobre da Fundación Benigno Quiroga.
Eladio Fernández Vázquez, concelleiro da formación política no Concello de Punxín, cree que de aprobarse esta proposta “estaríamos dando contido e cumprindo a vontade do fundador, Benigno Quiroga, seguindo os pasos dun punto de encontro para a formación e desenrolo social e económico”.
Desde CxG aseguran que están seguros de que moitos mozos/as de Punxín e área xeográfica do Carballiño-Ribeiro, cheos de formidables ideas creativas, merecen a atención dos servizos públicos, para permitirlles que as poñan en valor, sendo iste centro star up de Punxín un lugar ideal para facelo.