Galicia reduce a presión hospitalaria en UCI e planta, aínda que repunta os novos contaxios

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 156 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 4.686. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 97 (-8) persoas na UCI, e 375 (-8) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras repunta a cifra de contaxios logo de case un mes de descenso. Hoxe hai 31 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe con respecto a onte en 4 casos, ata os 284 casos totais. Os hospitais estabilizan as súas cifras, contando con 34 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES