San Amaro tramita as autorizacións para a instalación da fibra óptica

O concello de San Amaro informaba de que dende a semana pasada comezouse o proceso de tramitación de permisos de autorización de paso para a chegada da fibra óptica á totalidade deste concello. As primeiras actuacións levaranse a cabo en Casa Nova, A Caseta, Anllo, Lamego, As Neves ou Fondo de Vila, entre outras. Posteriormente procederase a tramitar os permisos en Cruceiro, Piñeiro, Alemparte,  San Ciprián, Eiras, Andrade ou Loucia.

Despois de contar cos permisos necesarios, pocederase á fase de instalación da rede.

AVANTAR ACTIVIDADES