Rematou o mes de febreiro en Galicia, con 185.228 persoas anotadas no SEPE como paradas, un 0,41% menos que no mes de xaneiro (756 persoas paradas menos), tendencia habitual do mes de febreiro, en febreiro do ano 2020 o descenso fora do 0.91, o dobre que neste ano.
No conxunto do Estado español medrou o desemprego un 1,12%.
Neste mes comparar a situación coa media estatal non é rigoroso, xa que as medidas para facer fronte á pandemia foron moi diferentes; en Galicia por exemplo pechouse a hostalería, ximnasios… e outras actividades estiveron con limitación horaria. Noutras comunidades as medidas foron diferentes, polo tanto os resultados estatísticos non son homoxéneos.
A evolución interanual, con respecto a o mesmo mes do ano anterior ( último sen a incidencia da pandemia), amosa un incremento do 11,43%; o que en temos absolutos significa 18.999 persoas paradas máis.
As persoas máis prexudicadas pola perda de emprego neste último mes foron as mulleres:
Persoas paradas segundo sexo.
Evolución | |||||
Sexo | Febreiro 2020 | Xaneiro 21 | Febreiro 21 | Mensual | Interanual |
Homes | 71.438 | 80.679 | 79.420 | – 1.259 | 7.982 |
Mulleres | 94.791 | 105.305 | 105.808 | 503 | 11.017 |
Si en entre os homes descendeu o desemprego en 1.259 persoas, entre as mulleres rexistráronse 503 paradas máis neste último mes.
Persoas paradas segundo sectores.
Sectores | Evolución | ||||
Febreiro 20 | Xaneiro 21 | Febreiro 21 | Mensual | Interanual | |
S primario | 6.029 | 6.893 | 6.700 | – 193 | 671 |
Industria | 18.297 | 19.880 | 20.038 | 158 | 1.741 |
Construción | 13.613 | 14.259 | 13.810 | – 449 | 197 |
Servizos | 114.987 | 130.717 | 130.985 | 268 | 15.998 |
Sen emprego anterior | 13.303 | 14.235 | 13.695 | – 540 | 392 |
As persoas sen emprego anterior, foi entre as que máis descendeu o desemprego neste último mes, seguidas das que traballan na construción; tamén no sector primario se produce un leve descenso do desemprego.
En industria e servizos medra o desemprego.
A nivel provincial, en todas as provincias descendeu o desemprego.
Persoas paradas segundo provincia.
Evolución | |||||
Febreiro 20 | Xaneiro 21 | Febreiro 21 | Mensual | Interanual | |
A coruña | 66.516 | 74.853 | 74.579 | – 274 | 8.063 |
Lugo | 16.265 | 18.742 | 18.633 | – 109 | 2.368 |
Ourense | 18.397 | 20.781 | 20.496 | – 285 | 2.099 |
Pontevedra | 65.051 | 71.608 | 71.520 | – 88 | 6.469 |
Total | 166.229 | 185.984 | 185.228 | – 756 | 18.999 |
En todas as provincias descendeu o desemprego, sendo na provincia de Ourense onde se produce o maior descenso, seguida de A Coruña.
Afiliación á seguridade social.
Afiliación á SS | Evolución | ||||
Febreiro 20 | Xaneiro 21 | Febreiro 21 | Mensual | Interanual | |
A coruña | 434.745 | 424970 | 426.222 | 1.252 | – 8.523 |
Lugo | 121.313 | 118761 | 118.643 | – 118 | – 2.670 |
Ourense | 102.218 | 100060 | 100.090 | 30 | – 2.128 |
Pontevedra | 354.077 | 348337 | 349.073 | 736 | – 5.004 |
Total | 1.012.353 | 992.128 | 994.028 | 1.900 | – 18.325 |
Aumentou a afiliación en todas as provincias agás na de Lugo, onde descendeu en 118 persoas. Con todo, en Ourense seguimos co lastre de máis de 2.000 cotizantes menos que hai un ano.
No que atinxe á contratación, rexistráronse 49.174 contratos neste último mes, (no mes de febreiro de 2020, antes da pandemia, rexistraranse 72.432). Na comparación co ano anterior , temos que ter en conta que en febreiro de 2021 determinadas actividades económicas estiveron pechadas ou con limitación horaria.
O que si chama a atención é que tan so o 5,7% dos contratos foron de carácter indefinido. Non hai rexistros dunha proporción tan baixa.