Mañá entra en vigor o rexistro con QR na hostalaría entre diversidade de opinións

Máxima seguridade nos accesos ós locais, máximo seguimento e máximo control das medidas vixentes. Estes serán os piares do Plan de Hostalaría Segura. A Xunta de Galicia propuxo a creación dunha web, Turespazo,  na que se reúne toda a información para os locais, así como a xeración dun código QR personalizado. A plataforma ofrece os carteis informativos que os locais están obrigados a colocar, como o que indica o aforo permitido. A outra novidade é que deben colocar todas as mesas e inhabilitar as que superan o aforo permitido. Os hostaleiros consideran que supón un dobre traballo ó ter que colocar mesas que non se van a poder utilizar, pero consideran que é unha medida que obriga a cumprir as distancias.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso do código QR, cada propietario deberá xerar os eu código, que o usuario poderá escanear a través da aplicación PassCovid, rexistrando así a súa visita, polo momento de xeito opcional. A opinión dos usuarios amosa unha de cal e outra de area. Consideran que é unha boa opción, pero que ten o inconvinte de que so está obrigado o establecemento a ter este sistema, pero para o usuario é opcional o rexistro. Por este motivo, o seu obxectivo pode perderse no camiño.

Tamén acudimos á Policía Local, para saber se este sistema de medición parece ser o máis axeitado e como afectará á súa labor de control do cumprimento das medidas. Consideran que non todo o mundo está obrigado a saír á rúa co teléfono móbil, referíndose sobre todo ás persoas maiores que non están adaptadas á tecnoloxía. Aseguran que a súa labora consistirá en controlar a ocupación de mesas, como estaban a facer ata o de agora.