O Carballiño segue estable con 8 casos activos. Boborás sobe hoxe un ata os 15 positivos de covid-19

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 24, unha cifra que se mantén estable con so un caso máis.

No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 8 contaxios, os mesmos dende o pasado martes. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello no que hai que poñer o foco preocupante. Onte, en apenas unha xornada, como demostran as medidas tomadas polo comité clínico, pasou de 7 contaxios a 14, duplicando a cifra. Hoxe Boborás suma 1 caso, para ter un total de 15 positivos. Esta situación sorprendeu os expertos, que deciden actuar por precaución. Maside mantén hoxe un caso activo. Os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.