O novo goberno de Ribadavia levará mañá en sesión extraordinaria a proposta de orzamentos para o 2021. A sesión será as 13:15 horas da mañá. A oposición e as diferentes asociacións da vila recibiron durante esta semana a proposta resumida para poder ter acceso a ela antes desta sesión. No caso do PP xa presentaron unha batería de propostas para incluír neste documento. O BNG pediu a información completa das contas nalgúns puntos e tamén propuxo algunhas incorporacións.
Estas contas ascenden a 4,7 millóns de euros, subindo a cifra con respecto ó ano anterior, que se establecía en 4,580,000 euros.