A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 22, unha cifra que agora evoluciona en función da situación do Carballiño e de Boborás.
No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 8 contaxios, os mesmos dende o pasado martes. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro.
Boborás é o concello no que hai que poñer o foco preocupante.. Hoxe os datos baixan de novo, cun contaxio menos ca onte, establecéndose nos 13 positivos. Maside mantén hoxe un caso activo. Os demais concellos, Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.
PUBLICIDADE