A Policía Autonómica pon 34 denuncias esta fin de semana na provincia, tamén no Carballiño

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 121 dispositivos en 50 concellos galegos nos que foron tramitadas 231 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á inspección e control do cumprimento das medidas pola covid-19.

Entre o 5 e o 7 de marzo, os axentes realizaron na provincia de Ourense, realizáronse 34 dispositivos que deron como resultado un total de 84 identificacións e 34 denuncias en Allariz, O Carballiño, Cartelle, Castrelo do Miño, Cortegada, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Ribadavia, Toén e Vilamarín.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE