Castrelo de Miño convértese en Concello Emprendedor, sumando 64 xa na provincia

Casa do Concello de Castrelo de Miño.

Un total de 64 municipios da provincia de Ourense xa son Concellos Emprendedores tras a adhesión de Celanova, Muíños, Castrelo de Miño e Manzaneda. Súmanse ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial para impulsar a reactivación económica e ofrecen máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais.

Para ser Concello Emprendedor, as administracións locais teñen que modificar varias ordenanzas e adherirse ao convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp. A Xunta dálles prioridade en liñas de axudas para impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE