O PP da cidade de Ourense conmemorará o Día Internacional da Muller coa máxima seguridade sanitaria e total respecto ás restriccións pola COVID-19

Cunha mesa redonda telemática e un acto simbólico ao carón da oliveira dunha Oliveira no barrio do Vinteún

Os populares realizarán mañá ás 12 horas a súa tradicional ofrenda floral na oliveira que o PP da cidade de Ourense prantou no parque de Santa Teresita, no barrio do Vinteún. Xa pola tarde, ás 20 horas, celebrarase unha conferencia telemática baixo o título “A muller ourensá ante a pandemia”, na que participarán diversas profesionais da cidade para explicar a súa visión do acaecido no último ano e da evolución da pandemia

AVANTAR ACTIVIDADES

·      Esta programación foi organizada pola Secretaría de Igualdade da Xunta Local do PP na cidade de Ourense, liderada por María Antonia Rilo, quen manifesta que “desde o PP sempre defenderemos a igualdade e nestas circunstancias, farémolo sempre respectando todas as medidas sanitarias e restriccións derivadas da pandemia”

·      O presidente local dos populares en Ourense, Jesús Vázquez, recalca que “adaptámonos á situación da pandemia co máximo respecto a un día internacional que é fundamental para visibilizar a importancia da igualdade e sempre conmemoraremos o 8 de marzo”