Un 8M diferente: virtual, con homenaxes e sen aglomeracións

Publicidade ASPADISI

O 8M busca loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento das mulleres en todos os ámbitos da sociedade. Esta data celébrase en moitos países do mundo. A forza que consegue un movemento de mulleres traspasa fronteiras, diferenzas culturais, económicas e ideolóxicas. Tradicionalmente, as mulleres toman as rúas ca súa loita, seguidas tamén por homes. A situación deste ano de pandemia non permite estas celebracións, pero si a loita doutros xeitos.

No Carballiño, dende o balcón do concello procedeuse á lectura dun manifesto ca colaboración do grupo de teatro Dar Trela, colexios e asociacións. Completarase esta acción con obradoiros nos centros educativos nas próximas semanas.

HIPER MASIDE

Ademais, estase a difundir unha publicación na que se recollen ás mulleres máis representativas do Carballiño e que formará un libro posteriormente.

Pola súa parte, a asociación AMICA, Agrupación de Mulleres pola Igualdade no Carballiño, protagonista da marcha do pasado ano e dunha colga de mandís nas rúas, este ano modificarán a súa manifestación multitudinaria por outras accións cunha performance de rúa e ca pintada de lemas pola muller.

Todos os concellos da contorna quixeron render homenaxe a este día, cada un deles dunha forma diferente: iluminando de cor violeta as súas fachadas representativas, con accións na rede ou fomentando hábitos coma a lectura de grandes mulleres.

O concello de Maside anunciou hoxe, con motivo desta data, que levará ó próximo pleno a aprobación do 2º Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres.

O Concello de Punxín aproba por unanimidade a moción socialista na que se solicita o apoio ás reivindicacións do 8M, así como o recoñecemento á labor das traballadoras municipais, en especial ás traballadoras do SAF.

En Ribadavia, o concello presentou un mural feito pola artista ourensá Iria Prol como homenaxe a Ángela Rodicio, veciña de San Cristovo, escritora e xornalista, enviada especial de política. A homenaxeada asistiu en directo por videochamada a este acto.

PUBLICIDADE