Bases para a selección e contratación a tempo parcial (75%) de tres peóns de servizos múltiples no concello de Cortegada

Publicadas hoxe no BOP ( Premer na Imaxe )

A Xunta de Goberno Local, con data 4 de marzo de 2021, aprobou as bases para a selección e contratación laboral temporal, a tempo parcial (75%) de tres peóns de servizos múltiples, con cargo ao Plan de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense, publicado no Boletín Oficial da Provincia con data 16/12/2020, que se transcriben a continuación:

AVANTAR ACTIVIDADES

Bases que rexerán a convocatoria para a contratación laboral temporal de tres peóns de servizos múltiples. Programa provincial de empregabilidade, ano 2021.

Primeira.- Obxecto da convocatoria. O obxecto desta convocatoria é a contratación de tres (3) peóns de servizos múltiples durante 5 meses, segundo as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2021, aprobadas pola Corporación provincial, na sesión de 30 de outubro de 2020, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, n.º 288, do 16 de decembro de 2020.

A xornada de traballo será a tempo parcial (75% da xornada) que se realizará de luns a domingo cos descansos establecidos na lei. As funcións que se asignan ao posto de traballo son as seguintes: – Limpeza viaria. – Limpeza de sumidoiros e rede sumidoiros. – Acondicionamento e mantemento de xardíns e zonas verdes. – Traballos de albanelaría e pequenas obras públicas. – Traballos de rozas e revalorización de espazos públicos – Calquera outro acto de natureza similar non relacionado que sexa ordenado pola autoridade municipal

PUBLICIDADE