Maside sobe ata os seis contaxios a causa dun brote orixinado nun núcleo familiar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 25, unha cifra que aumenta a causa da evolución de Maside.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, hoxe os datos baixan ata os 6 contaxios, a mesma cifra ca na xornada de onte. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, no mes de decembro. 

Boborás é o concello con mais casos da comarca e que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 13 positivos, os mesmos casos ca onte.

Maside tamén amosa hoxe certa preocupación, co aumento de catro casos, pasando de ter dous positivos a ter seis. Presuntamente este aumento débese ó contaxio dentro nun núcleo familiar.

E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE