O PP pide que se instalen as papeleiras adquiridas polo anterior goberno

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha solicitude no Concello de Ribadavia para que se coloquen novas papeleiras e se repoñan as que están en mal estado en diferentes puntos do concello. Os populares sinalan que o anterior goberno mercou un lote de novas papeleiras, que están nos almacéns do concello dende uns días antes do 23 de febreiro, para repoñer as papeleiras que están en mal estado ou colocar papeleiras novas en puntos nos que non existen coma é o caso dos paseos fluviais nas beiras dos ríos Avia e Miño.

Por todo isto, o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de rexistrar unha solicitude para que se coloquen estas papeleiras mercadas polo anterior goberno para substituír as papeleiras rotas en zonas como a rúa Ribeiro, rúa Progreso e Veronza e o entorno da Casa da Cultura, así como colocar papeleiras nos paseos dos ríos Avia e Miño no treito que vai dende San Cristovo ata Francelos, pasando pola área recreativa da Veronza, xa que é unha zona na que  non hai e que o goberno popular tiña a intención de humanizar.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE