Fran González, primeira medalla do piragüismo provincial adaptado

Francisco González, un dos membros da Asociación Aspadisi do Carballiño, acaba de lograr a primeira medalla autonómica, na historia do piragüismo provincial, dun ourensán en deporte adaptado. Fran forma parte do Fluvial Avión-Castrelo de Miño e logrou este recoñecemento ó quedar no terceiro posto na categoría Paracanoe KSº. O seu merecido posto foi recoñecido pola Delegación Ourensá da Federación Galega de Piragüismo e tamén polo concello do Carballiño.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES