A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 24, unha cifra que aumenta a causa da evolución de Maside, O Carballiño e Boborás.
No Carballiño, hoxe os datos baixan dos 6 contaxiados de onte ós 5 de hoxe. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, no mes de decembro.
Boborás é o concello con mais casos da comarca e que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 13 positivos, os mesmos casos ca dende o día 6 de marzo.
Maside tamén amosa certa preocupación, co aumento de catro casos onte, pasando de ter dous positivos a ter seis, debido a un brote de carácter familiar e se manteñen hoxe sen cambios.
E os demais concellos, Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.
PUBLICIDADE