Ata o de agora as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado estaban a informar pero a partir de hoxe poderán impoñer sancións polos incumprimentos das normas deste novo plan. A súa posta en marcha estaba prevista para o pasado venres día 5, pero a Xunta decidiu conceder unha prórroga dunha semana para que os locais puidesen adaptarse.. Cada propietario tiña que xerar os eu código, que o usuario poderá escanear a través da aplicación PassCovid, rexistrando así a súa visita, polo momento de xeito opcional.
A plataforma ofrece os carteis informativos que os locais están obrigados a colocar, como o que indica o aforo permitido. A outra novidade é que deben colocar todas as mesas e inhabilitar as que superan o aforo permitido. Os hostaleiros cren que toda iniciativa que lles permita abrir con seguridade é benvida pero encóntranlle algún problema de eficacia. Consideran que os usuarios non estarán pendientes de facer un rexistro á entrada e saída do local, polo que pode quedar rexistrado que pasan máis tempo do que é en realidade. Outros consideran que ligar unha medida deste calibre á tecnoloxía non é eficaz pola poboación avellenda galega.
Os usuarios, consideran que é un bo xeito de manter a raia ó virus e localizar focos e amósanse receptivos a utilizar este sistema.
PUBLICIDADE