“Stock Fora” ofertará ata mañá grandes descontos en 27 establecementos

O Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza a primeira edición de “STOCK FORA”, dende onte xoves ata mañá sábado. Un total de 27 establecementos asociados participan na primeira edición desta iniciativa que adapta a tradicional feira do stock ós tempos de pandemia. O seu funcionamento tentará ser similar, aínda que neste caso, cada establecemento permanecerá no seu local ofrecendo grandes descontos.

Coma sempre, cos tíckets de compra nestes establecementos entrarase no sorteo de 200 € en vales de compra, de 50 euros cada un.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, temos que recordar que o próximo luns día 15 remata a prórroga para consumir o bono comercio “O Carballiño contigo” nos locais da vila.

PUBLICIDADE