Nota Informativa do Psdeg-Psoe de Leiro

O Psdeg-Psoe de Leiro acusa ao rexedor do partido popular de “falta de transparencia” e de optar polo “escurantismo” en lugar de render contas democraticamente á oposición

Os socialistas critican que o rexedor se negue de xeito continuado a responder as suxestións, preguntas e rogos de información da oposición e láianse de que o PP “opte por prácticas antidemocráticas”

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro do PSdeG en Leiro, Manuel Rodríguez, subliña que o rexedor “vende fume na prensa para confundir á veciñanza e trasladarlles unha información claramente segada e que escapa da realidade”

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de reclamar, por eneísima vez no que levamos de lexislatura, que o alcalde dea explicacións aos grupos da oposición da súa xestión ao fronte do Concello. Os socialistas sinalan que a actual política do Partido Popular é a do “escurantismo, a falta de transparencia e a ineficacia na xestión” e esíxenlle ao rexedor popular, Francisco José Fernández, que cumpra democraticamente contestando en tempo e forma as preguntas, rogos e suxestións que os socialistas presentan tanto por rexistro, como nas sesións plenarias.

Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que as solicitudes de documentación sobre diferentes puntos da xestión municipal acumúlanse na casa consistorial, sen que o alcalde “se digne a dar resposta á oposición, tal e como ordena a lei”. Lamentan tamén que a o rexedor “opte por prácticas pouco democráticas co único fin de evitar que se fiscalice a súa labor e deste xeito tapar a súa neglixente xestión ao fronte do municipio”. Os socialistas lembran que nas últimas semanas presentaron varias solicitudes de información por escrito, pero atopáronse cun alcalde que “se nega en rotundo a aclarar as súas actuación á veciñanza”.

Para os socialistas de Leiro resulta “digno de estudo” que o rexedor se negue a dar resposta á oposición, namentres se dedica “a venderse diariamente” en medios de comunicación comarcais co único fin de “atraer a atención da veciñanza e manipular a realidade de Leiro, para que os veciños e veciñas vexan unha realidade paralela ao que realmente acontece que é o abandono e a parálise continua”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, subliña que o rexedor “vende fume a diario na prensa, co obxectivo de confundir á veciñanza e trasladarlles unha información claramente segada e que escapa da realidade, e na que non se informa aos veciños e veciñas das consecuencias negativas da súa xestión ao fronte do consistorio”. Para o concelleiro socialista esta situación é un exemplo máis da “deriva caótica que está tomando un concello no que alcalde opta por anular á oposición para que non poida frear a súa pésima xestión e o nulo futuro que pretende para Leiro”.

Máis do mesmo na mancomunidade do Ribeiro

Esta forma de actuar “antidemocrática” e “opaca” trasládase tamén a mancomunidade do Ribeiro, na que Francisco José Fernández é tamén presidente e na que os socialistas levan tempo denunciando que se lles nega o acceso á documentación das contas, “evitando a tan temida fiscalización que quere negarnos o PP”. Unha actuación que está xerando importantes dúbidas e desconfianza no PSdeG-PSOE e que segundo relatan “deixa en evidencia que se está ocultando a verdade á veciñanza do que acontece en ambos organismos”.

Manuel Rodríguez subliña que “non e posible entender o principio de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión se tanto se preconiza dende as filas do Partido Popular” e apunta que “todo queda reducido por unha actitude opaca, soberbia e prepotente de un alcalde e presidente de mancomunidade que pretende escapar con gran temor dos órganos de control da oposición”.

Os socialistas xa manifestan que presentarán escritos diante do presidente da Deputación de Ourense e líder do PP provincial, José Manuel Baltar e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para “dar conta da situación e por presidir institucións que con recursos públicos financian servizos municipais que prestan á veciñanza tanto a mancomunidade como o concello”.

PUBLICIDADE