A Policía Autonómica identifica a 22 persoas incumprindo as medidas sanitarias esta fin de semana

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana, dende día 12 ata o día 14 de marzo, 21 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 42 inspeccións en 8 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 22 identificacións e a tramitación de 5 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 12 ao 14 de marzo a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 21 dispositivos nos municipios de Coles, Cortegada, Maceda, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda e Xunqueira de Espadanedo.

AVANTAR ACTIVIDADES

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 35 concellos, nos que que se rexistraron 532 operativos cun total de 243 inspeccións, con máis de 137 persoas identificadas e 47 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

PUBLICIDADE