Hoxe remata a prórroga para usar o bono comercio “O Carballiño contigo”

Hoxe, día 15 de marzo rematou a prórroga para consumir o bono comercio “O Carballiño contigo” nos locais da vila. A súa data límite era en febreiro, pero a raíz dos peches perimetrais e das limitacións a causa das medidas sanitarias, tanto o concello coma o Centro Comercial Aberto, organizadores da iniciativa, decidiron ampliar o prazo.

Esta tarxeta púxose en marcha antes de finais de ano. Puxéronse a disposición de veciños e persoas de fora do Carballiño 2.000 tarxetas, que tiñan un saldo de 50 euros, dos cales 25 eran aportados polo usuario e outros tantos polo concello. Con esta idea pretendíase potenciar o consumo de proximidade e por parte da administración hai o compromiso de volvela a repetir de cara á primavera.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE