Unha pelea xuvenil sáldase cun ferido leve nunha man e o cristal dunha carnicería roto

O pasado sábado pola tarde, varios mozos comezaban unha pelexa na rúa Perfectino Vieitez. Segundo testemuñas dos feitos, neste altercado víronse implicados, polo menos, cinco rapaces, dos que un deles resultou ferido con varios puntos de sutura nunha man. Entre outros desperfectos tamén sufriu danos o escaparate de cristaleira dunha carnicería ubicada nesa rúa.

A Policía Local desprazouse ata o lugar, sen dar demasiada importancia ós feitos. Alegan que, aínda que se congregou xente ó redor, parecían máis implicados dos que eran. Tamén se achegou a Garda Civil.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais desta incidencia, a Policía Local considerou esta unha fin de semana tranquila. Entre as tarefas que están levando a cabo está o control de cumprimento de medidas, sobre todo a comprobación da instalación dos códigos QR na hostalaría. En liñas xerais, a Policía asegura que os locais están cumprindo co comprometido.

Unha das cousas que reclaman as autoridades é que o peche dos locais hostaleiros é as 18:00 horas. Con motivo do servizo para levar, estanse a producir aglomeracións e reunións fora dos establecementos. Esta é unha das infraccións máis frecuentes.

PUBLICIDADE