A Policía Local pide axilidade na redacción do censo de persoas que viven soas

A Policía Local propuxo fai meses a creación dun censo de persoas que viven soas, de calquera idade ou condición, estiveran enfermas ou non. O concello, a través de Política Social e Servizos Sociais puxo en marcha o proxecto. O obxectivo era facer un seguimento desas persoas para ter un control e evitar que aparezan persoas nos seus fogares que levan días falecidas sen que ninguén o saiba.

Este foi o caso dunha muller de 65 anos que aparecía falecida a pasada semana na súa casa. Os veciños alertaron á Policía Local porque sabían que estaba enferma e facía días que non sabían dela. Segundo a Policía, hai moi que avanzar para evitar que isto aconteza, aínda que comentan que isto non é tan habitual, que apenas se producen catro nun ano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste caso, a señora contaba con tres gatos, que están a cargo da protectora Arume, e que buscan un fogar.

PUBLICIDADE