Aprobadas as bases do VIII premio “Estatuto de Autonomía de Galicia” de debuxo e redacción

Videoconferencia da Xunta de Goberno. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática e baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou as bases do VIII premio “Estatuto de Autonomía de Galicia” de debuxo e redacción escolar, que na presente edición ten como lema “A defensa da identidade de Galicia: a Xeracións Nós”. O acto institucional de entrega dos premios -que inclúen libros, visitas ao Parlamento de Galicia e a participación en actividades culturais- celebrarase o próximo 6 de abril coincidindo co 40º aniversario da aprobación do Estatuto galego. 

No certame poderán participar os estudantes dos niveis educativos de infantil, primaria e educación especial e ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación profesional, de centros públicos e privados da provincia de Ourense. Os traballo, sempre individuais, presentaranse segundo dúas modalidades: para os alumnos de educación infantil, primaria e educación especial, un debuxo ou traballo artístico que faga referencia ao lema da convocatoria; para os alumnos de ESO, Bacharelato e ciclo medio de FP, unha redacción sobre o Estatuto de Autonomía. O prazo de presentación dos traballos rematará ás 14.00 horas do vindeiro 29 de marzo. A esta convocatoria incorpóranse os traballos xa presentados o ano pasado, dado que, por mor da pandemia do COVID, non se puido celebrar a edición de 2020. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno tamén aprobou na sesión de hoxe a concesión de subvencións por un importe total de 188.961 euros, distribuídos nunha achega de 77.000 euros para o Concello de Muíños con destino ao campamento xuvenil Explora e Baixa Limia Coñece Ourense de 2021, e unha subvención ao Concello de Beade por importe de 34.961 euros para obras de mellora de infraestruturas e equipamentos na rúa Alférez Montero e Praza de España. Tamén se ratificou o convenio asinado co Concello de Monterrei, polo que a Deputación de Ourense concédelle 40.000 euros para a limpeza, conservación e mantemento da contorna do Castelo de Monterrei, así como tamén unha subvención á Mancomunidade de municipios da comarca de Verín para gastos de funcionamento por valor de 27.000 euros. Tamén se aprobou  unha achega de 10.000 euros á Asociación de Veciños Laxas, para unha instalación de lecer no barrio das Curruxeiras. A Xunta de Goberno aceptou ademais a proposta de modificación do Plan de cooperación ás para o Concello de San Amaro, para acondicionamento de viarios en As Quintas e Lamego (14.000 euros) e para accións relacionadas coa prevención do COVID-19 (34.000 euros). 

Unha finalizada a Xunta de Goberno reuniuse, tamén por vía telemática, o Comité de seguimento do COVID-19 na Deputación, encontro no que se analizaron os datos e a situación da pandemia na provincia, ademais do seguimento da ordenanza de teletraballo no distintos centros e instalacións da Deputación e os servizos que se prestan a concellos e veciñanza. 

PUBLICIDADE