Galicia rebaixa a presión da UCI con nove ingresados menos ca onte

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 105 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.685, tres máis ca onte. A presión asistencial descende lixeiramente. Hoxe hai 65 (-9) persoas na UCI, e 251 (-3) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 3 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 5 casos, ata os 181 casos totais. Os hospitais presentan un descenso notable, contando con 24 (-6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE