Ribadavia avalía todas as vías para solucionar os problemas do Novo Xestal

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, mantivo un encontro coa empresa que executou a obra do Novo Campo do Xestal co obxectivo de buscar posibles solucións á mala situación na que se encontra o campo de herba sintética.

O obxectivo prioritario do goberno municipal aseguran que é lograr resolver un agravio nestas instalacións e que afirman que o anterior goberno non puido solucionar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman dende o consistorio que esgotarán todas as vías para solucionar o problema e recuperar a súa utilidade.

PUBLICIDADE