Galicia reduce de xeito importante os ingresos tanto en planta coma na unidade de críticos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 124 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.655, 30 menos ca onte. A presión asistencial descende. Hoxe hai 58 (-7) persoas na UCI, e 235 (-16) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 17 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 11 casos, ata os 170 casos totais. Os hospitais presentan un ascenso leve, contando con 21 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE