ÚLTIMA HORA. Atopan a unha muller falecida a causa dun suicidio na rúa 25 de Xullo

Os servizos de emerxencia desprazábanse esta mañá, pasadas as 11:00 horas ata un domicilio na rúa 25 de xullo. Unha muller de 80 anos apareceu falecida no seu fogar, a causa dun suicidio. O fillo da vítima atopou á muller e no mesmo momento alertou ó 112 para tratar de reanimala, aínda que non foi posible. O servizo de emerxencia foi quen informou do acontecido á Policía Local e á Garda Civil, que acudiron á zona.