O BNG pedirá no Parlamento galego paralizar o proxecto da senda peonil de Reza

Ao mesmo tempo, instarán ao goberno Galego a abrir un proceso participativo que permita ter en conta as demandas e necesidades da veciñanza da zona

O Grupo Parlamentar do BNG presentará unha  Proposición non de Lei para que o Parlamento galego acorde instar á Xunta de Galiza a paralizar este proxecto, que conta cunha forte constestación social, así como abrir un proceso participativo que permita ter en conta as demandas da veciñanza de Reza.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galiza ven de publicar no DOG nº 50 do luns 15 de marzo de 2021 o DECRETO 43/2021, do 4 de marzo, polo que se declara, en concreto, “a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción: Fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito Reza, puntos quilométricos 1+090-3+780, de clave OU/19/135.06.1, no concello de Ourense”.

Para Luis Seara, “Esta publicación fíxose de modo repentino, sen información previa ás representantes veciñais, que ao longo destes anos teñen amosado a súa radical oposición a este proxecto”.

Segundo denuncian desde a formación nacionalista, “estamos a falar dunha afectación ao redor de 50 persoas propietarias, das que 15 se corresponden con vivendas”. Desde que en 2018 se coñeceron as intencións da Consellaría, o temor da veciñanza aumentou de xeito considerábel. Están preocupadas e preocupados polo impacto que esta obra vai ter, non só para as súas propiedades, senón tamén, para a seguridade viaria nesa zona.

Como ben lembran desde o BNG, “os motivos da oposición veciñal ao proxecto resúmese no feito de que a senda peonil que pretende realizarse pola marxe dereita da OU-402 en Reza discorre paralela ás vivendas, sen espazo entre as casas e a devandita senda”. O proxecto, ademáis, “non contempla as históricas demandas da veciñanza que de xeito reiterado ao longo dos últimos anos teñen demandado, por razóns de seguridade peonil, incluír nun plan de obras as beirarrúas e alumeado do que carecen en boa parte da estrada, feito que obriga á veciñanza a invadir a calzada, pola que transita un importante fluxo de vehículos, moitos deles de grandes dimensións”.

Para sorpresa de todos, “non so non se fan as beirarrúas senón que se substitúen en todo este tramo por esa senda peonil, que obriga a expropiar terreo das entradas de moitas vivendas”.

PUBLICIDADE