O Carballiño sobe ós 13 casos, igual ca Maside. Boborás descende ós catro casos

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 31, unha cifra que se balancea pola evolución de catro concellos.

No Carballiño, hoxe os datos soben dos 8 contaxios de onte ós 13 casos activos, cinco máis nunha xornada. Maside iguala esta cifra subindo tamén ata os 13 contaxios, dous máis ca onte. Este aumento paulatino esixe o cribado de hoxe e as medidas restritivas máis duras.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás acompaña a decisión do comité clínico de aliviar as restricións cun descenso de casos continuado. Hoxe os datos baixan dos 6 ós 4 casos, dous positivos menos ca onte. Determinaron o nivel alto de restricións en Boborás. As medidas deste nivel son a hostalaría aberta so con 50% de aforo en terrazas, e permitidas reunión de máximo 4 non conviventes.

San Cristovo de Cea conta cun positivo.  E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE