O senador popular ourensán considera clave tamén a contratación dos elementos necesarios para a montaxe museográfica: “De nada servirá rematar as obras do edificio, se non se comeza a traballar xa no seu proxecto museístico e os elementos que o deben compoñer. Os ourensáns levamos 20 anos privados desta xoia do noso Patrimonio e coa planificación precisa, non deberíamos agardar máis do necesario”, sinala Jesús Vázquez
· “Como pode ver, señor ministro -díxolle o senador Vázquez Abad a José Manuel Rodríguez Uribes-, distintos gobernos, de distintas cores, tiveron responsabilidade na execución do devandito proxecto. E quero agradecerlle a todos eles e a vostede a súa participación e que hoxe esteamos a falar do final. Do mesmo xeito que quero agradecer a todo o persoal do Museo o esforzo que realizan día a día para poder continuar cos labores que teñen encomendadas, baixo estas circunstancias tan duras”.
· O ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, agradeceulle o ton construtivo e positivo ao senador ourensán, e confirmoulle a Vázquez que as previsións do Ministerio pasan por rematar as obras en 2020 y completar o proxecto global, coa musealización do mesmo, en 2023.
O Antigo Salón de Sesións do Senado acolleu esta mañá unha reunión da Comisión de Cultura e Deporte, que estivo presidida polo ministro de Cultura, José Ramón Rodríguez Uribes. Nesta sesión de traballo, o senador Jesús Vázquez pediulle ao ministro de Cultura que licite antes do verán o proxecto museístico, así como a contratación dos elementos necesarios para a montaxe museográfica.
“De nada servirá rematar as obras do edificio, se non se comeza a traballar xa no seu proxecto museístico e os elementos que o deben compoñer. Os ourensáns levamos 20 anos privados desta xoia do noso Patrimonio e coa planificación precisa, non deberíamos agardar máis do necesario”, sinala Jesús Vázquez
“Como pode ver, señor ministro -díxolle o senador Vázquez Abad a José Manuel Rodríguez Uribes-, distintos gobernos, de distintas cores, tiveron responsabilidade na execución do devandito proxecto. E quero agradecerlle a todos eles e a vostede a súa participación e que hoxe esteamos a falar do final. Do mesmo xeito que quero agradecer a todo o persoal do Museo o esforzo que realizan día a día para poder continuar cos labores que teñen encomendadas, baixo estas circunstancias tan duras”.
O ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, agradeceulle o ton construtivo e positivo ao senador ourensán, e confirmoulle a Vázquez que as previsións do Ministerio pasan por rematar as obras en 2020 y completar o proxecto global, coa musealización do mesmo, en 2023.
“20 anos esperando, case nada, señor ministro. E por iso realizo esta pregunta, para desde a palabra en positivo, defender unha cidade como a de Ourense, coñecida durante décadas como a Atenas galega, que tivo toda a paciencia do mundo. Como varias xeracións de mozos ourensáns víronse privados de poder acceder á súa propia historia. Como unha cidade como Ourense, que ten na cultura e o termalismo a esperanza posta para o seu progreso, viu pechado durante dúas décadas un dos seus elementos culturais e patrimoniais máis significativos”, explicou Jesús Vázquez na exposición, e finalizou expoñendo: “Quero agradecerlle o compromiso do seu ministerio, e a de todos os que fixeron posible isto hoxe en dia, facendo unha mención especial a unha persoa que se involucrou directamente en momentos dunha gran crise económica, e refírome a Fernando Benzo, secretario de Estado de Cultura, sendo ministro D. Iñigo Méndez de Vigo”.
PUBLICIDADE