O BNG reclama do Goberno Local retomar a programación das diferentes asociacións de veciñas e veciños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Denuncian os nacionalistas que coa escusa da covid-19 non se está a realizar ningunha programación, abocando ás asociacións de veciñas e veciños a permanecer pechadas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como resposta a unha pregunta plantexada polo Grupo Municipal do BNG a respecto da previsión de cursos nas asociacións veciñais no ano 2021 e os protocolos que se van implantar, o goberno local, encabezado por Gonzalo P. Jácome ven de respostar que “vista a actual situación sanitaria polo momento non está previsto o inicio de actividades programadas” argumentando tamén que “non existe demanda por parte de ningunha entidade veciñal”.

Para o BNG os argumentos esgrimidos non se sosteñen xa que se esas foran realmente as razóns, non se entendería o motivo polo cal hai dúas semanas, retomáronse as actividades nos diferentes centros cívicos e mesmo as pertencentes á universidade popular.

Resulta incoherente a ollos do BNG que unha veciña ou veciño poida acudir a un curso ao centro cívico do seu barrio pero non a outro no local veciñal.

Os nacionalistas reclámanlle ao goberno local que non eluda as súas responsabilidades xa que as actividades e cursos nas diferentes asociacións de veciños deben ser programadas desde o propio concello ao tempo que lle piden que deixe de empregar a escusa da pandemia para xustificar todo aquilo que non fai ou non quere facer.

Segundo o BNG, é preciso ir recuperando a actividade nas asociacións de veciñas e veciños, establecendo os protocolos necesarios, tal e como se fai noutras dependencias, pero que permitan recuperar pouco a pouco a normalidade xa que ditas actividades e ditos locais, contribúen a dinamización e socialización de moitas persoas sobre todo maiores que pasan moito tempo soas.