A nova tempada de pesca comezou onte domingo de xeito oficial na maior parte dos ríos galegos para preto de 37.000 afeccionados galegos que contan ca licencia en vigor. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, recordou algunhas das novidades deste ano. A normativa actualizada en febreiro pretende procurar o relevo xeracional nun sector maioritario entre os 50 e os 70 anos. Referiuse á creación das escolas de río para inculcar a pesca entre a xente nova. Tamén recorda a exención da taxa para a obtención da licencia para os menores de idade e maiores de 65 anos.
Nalgunhas cabeceiras de montaña e en augas salmoneiras haberá que esperar ó 1 de maio para retomar a actividade.